O clásico de Nadal máis querido do mundo por primeira vez en galego!
Durante case setenta anos, millóns de lectores acompañaron ao Grinch na viaxe que o levou de odiar o Nadal a descubrir o verdadeiro significado destas festas. Agora, por primeira vez, este clásico inmortal de Dr. Seuss chega ao galego nunha edición coidada e traducida por Ledicia Costas, unha das voces máis recoñecidas da literatura infantil actual.
Con humor, rima, tenrura e unhas ilustracións inesquecibles, Como o Grinch roubou o Nadal convetese nunha historia que continúa emocionando xeración tras xeración e que xa forma parte do imaxinario universal do Nadal.

