Pérez, o rato máis famoso do universo, recibe unha aviso urxente de última hora para ir recoller o primeiro dente que lle caeu ao pequeno Oliver. Cando mira o seu reloxo decátase de que non chegará a tempo a completar a súa misión, polo que decide pedir axuda á súa boa amiga, a fada dos Dentes. Pero, recibirá a mensaxe a tempo?
Acompaña o Rato Pérez e a fada dos Dentes nunha noite máxica e descubre se conseguen deixarlle unha moediña a Oliver debaixo da súa almofada.
Un formato único, despregable e atractivo que reúne tres pequenos contos con tres protagonistas diferentes nun único volume. Ademais, cando termines de ler e fiar as historias, o propio libro serviráche de casiña do Rato Pérez para que poidas colocala no lugar favorito do teu cuarto… e esperar a que aconteza a maxia.

