• A aprendizaxe de Betsy foi eliminado do seu coche, porque non pode ser adquirido. Por favor, póñase en contacto connosco se precisa de axuda.
Ver cesta "A pantasma da illa de Cortegada" foi engadido á súa cesta.

Enyd e o bosque esquecido

7,95  IVA INCLUIDO

Colección: Camiñemos cara a un mundo verde

Autor: María Quintana Silva con ilustracións de Silvia Álvarez
Editorial: Triqueta Verde Editora
ISBN: 978-84-18687-02-0
Idioma: Galego
Nº Páxinas: 40
Data de publicación: 7 de abril de 2021
Número edición:

NOVIDADE!

A pequena Enyd vive nas profundidades do bosque. Unha mañá, os seus veciños os animais, cansados de todas as porcalladas que chegan desde a cidade, deciden ir queixarse á metrópole. Coa axuda de Enyd, convencerán aos cidadáns para que acudan ao bosque e vexan no que se está convertendo. Un bosque que esqueceran,o que supoñerá terribles consecuencias para todos.

O libro gustarache porque grazas a súa protagonista e a unha ambientación mística, o lector entra nun mundo máxico, onde recibe unha invitación para gozar do bosque: a natureza aínda pode ser parte fundamental das nosas vidas se non a esquecemos e salvagardámola.

As ilustracións cheas de brillo e colorido fan que os personaxes cobren vida, enchendo de brisa fresca cada páxina.

RECOMENDADO PARA:

Traballar e concienciarnos polo medio ambiente, o respecto da natureza e do hábitat doutras especies, a importancia de coidar o que apreciamos, pero sobre todo a deforestación e os incendios forestais, que son algúns dos temas presentes neste libro. Este último, un problema moi actual en ambos os hemisferios do planeta.

TEMAS

#animais #habitats #incendio #ecoloxía #medioambente #deforestación #aventuras

DETALLES DO CONTO

Autora : María Quintana Silva
Ilustradora: Silvia Álvarez
Xénero: Literatura infantil.
A partir dos 3 años
Tamaño: 22 x 29 cm
Encadernación: Tapa dura con foil stamping

Idioma: Galego

ISBN Castelán: 978-84-18687-02-0