Nova edición ampliada
¡Un abecedario con ritmo, rima e moito bicho solto!
Inspirado na tradición oral, este libro converte o abecedario nunha festa de rimas, ritmo e repeticións, perfecta para primeiros lectores… e para adultos con ganas de pasalo en grande.
Cada letra cobra vida a través de animais que non só teñen o nome con esa inicial, senón que ademais están debuxados coa forma da propia letra.
Ideal para aprender xogando, tanto na aula como na casa. Porque o abecedario tamén pode ser unha animalada.

