O FINAL DUNHA ETAPA… O COMEZO DA SÚA MAIOR AVENTURA.
Os nosos pequenos superheroes están a piques de dar o paso máis importante da súa vida no cole: deixar atrás a Educación Infantil e comezar Primaria. Un momento cheo de dúbidas, nervios… e tamén de ilusión.
Neste novo libro, a colección acompaña os nenos nese cambio tan significativo, axudándoos a entender que vén despois e a vivilo con confianza e entusiasmo.
Con humor, proximidade e situacións coas que calquera neno se sentirá identificado, Superheroes na escola converte un gran cambio nunha gran aventura.
Un peche perfecto para a colección que celebra todo o aprendido… e abre a porta ao que está por vir.

