Benvidos ao hotel máis divertido do mundo.
O Gran Zootel abre as súas portas.
Este cofre reúne catro álbums ilustrados en pequeno formato, protagonizados por extravagantes hóspedes, empregados imposibles e situacións tan absurdas como divertidas. Historias independentes que poden lerse en calquera orde e onde os enredos tamén veñen incluídos na reserva.
Unha proposta perfecta para regalar, compartir en familia e gozar da lectura a partir dos seis anos.

