A Bruxa Mala do Oeste chegou a Trisol. E, como é de esperar, non veu precisamente de visita.
O mundo de Oz irrompeu nestas terras, un tornado púxoo todo patas arriba e, agora, o Palacio Esmeralda érguese no medio deste mundo. Alí agárdate unha nova bruxa que encheu o camiño de criaturas dispostas a impedir que completes a túa misión.
Estábalo agardando!
Máis de 50 finais. Tres modalidades de xogo. Unha aventura que ti decides.
Espada, maxia e, por primeira vez, nigromancia.

