Malvarina 3 · Unha axudante sospeitosa

14,95  IVA INCLUIDO

O 13 de abril á venda

Category:

.
Autor: Susanna Isern con ilustracións de Laura Proietti
Editorial: Triqueta editora
ISBN: 978-84-18687-58-7
Idioma: Galego
Nº Páginas: 116
Fecha publicación: 13 de abril de 2023
Número edición:

A autora de éxito Susanna Isern, non deixa títere con cabeza nesta terceira aventura de Malvarina. A maís tenebrosa das publicadas ata agora.

Que significa ser a bruxa dunha vila? Malvarina cría que, agora que as bruxas malvadas de Vilagrís estaban medio desaparecidas, viviría tranquila na miña Casiña Malva facendo as miñas cousas de bruxa.

O que nunca imaxinaría é que tería tanto traballo, que houbese filas monumentais de xente na porta da sua casa nin que acabaría o día tan esgotada.

Credes que podería ir na busca dunha axudante? E se che digo que mesmo aparece na porta da sua casa, abriríaslle?

Pero, quen é Malvarina?

Malvarina é a nena protagonista dunha serie de novelas infantís, creada da man de Susanna Isern, que tratará de aprender a ser bruxa seguindo as súas propias normas, algo que traerá de cabeza ás tres bruxas malvadas da vila. A inocencia e valentía desta pequena tan pouco convencional está a ganar un oco nos corazóns de todos os lectores que caen na súa lectura.

 

Tamén á venda:

Volume 1: Malvarina · Quero ser bruxa

Volume 2: Malvarina · Bruxa en prácticas

Idioma

Gallego