Quen vive con medo, non descansa.
Quen morre con medo tampouco.
Unha muller chega a unha aldea e descobre a lenda dun pazo onde a sombra da súa antiga dona aínda vaga polas noites. A historia de Lucía, marcada polo medo e a violencia, sae á luz a través das palabras de tres mulleres. Un relato de misterio que revela que quen morre e quen vive con medo, nunca atopa descanso.

