Como sería poñerse na pel de Federico García Lorca para contar a súa vida e convertela nun conto?
A colección “Os meus amigos” recrea a vida ficcionada de grandes escritores e escritoras.
O delicado texto de Jesús Castro Yáñez trasládanos á Granada do pequeno Federico cando a chegada dunha compañía de teatro ao seu pobo, anima ao protagonista para montar o seu propio espectáculo.
Para iso deberá reunir a diferentes actores e actrices que moitos e moitas recoñeceremos na obra de Federico García Lorca.
Conmemorando o 125 aniversario do seu nacemento, Jesús Castro Yáñez e Iván R., homenaxean ao autor (esta vez personaxe) e todo o seu universo poético.
Unha historia con dobre lectura, un achegamento da obra e vida de Federico aos máis pequenos e, por outro, unha homenaxe ao universo lorquiano para os máis esixentes.