Non hai nada tan bonito como debuxar, pero, é fácil debuxar un pato?
Matías é un neno un pouco ansioso, para todo necesita axuda. Matías ten que debuxar un pato para o seu cole, parece unha tarefa sinxela verdade?
Pois aparentemente a pesar de poder debuxar camións de bombeiros por el mesmo, non sabe debuxar un simple pato así que constantemente necesita a axuda da súa nai.
Seguro que coa axuda de mamá a tarefa é sinxela. Ou non?
- Un libro con HUMOR en letras maiúsculas no que moitísimos nenos e nenas veranse reflectidos… e tamén as mamás e papás.
- Novo libro de Jose Carlos Andrés, experto narrador oral moi recoñecido polo humor aplicado nas súas historias.
- Unha historia realista e satírica para non parar de rir.