AGARIMOS é un libro con 180 miniláminas escritas con amor
e ilustradas con agarimo, deseñadas para acompañar aos máis pequenos
e pequenas no seu día a día e facer que cada xornada no cole sexa un pouco máis especial.
Cada minilámina unha inclúe unha mensaxe positiva diferente e unha ilustración para colorear.
Cada mañá só tes que arrincar unha páxina e agochala na mochila,
no estoxo ou xunto ao almorzo para que a descubran durante o recreo.
Un pequeno xesto que pode alegrarlles o día.

