Ver cesta "Un estraño agasallo" foi engadido á súa cesta.

TUMBIÑAS A sustoteca de Don Samaíño

19,95  IVA INCLUIDO

Category:

.
Autor: Ledicia Costas, Pedro Mañas, Sara Cano y Patricia Casasola con ilustracións de Chiki Sánchez
Editorial: Triqueta
ISBN: 979-13-87501-31-0
Idioma: Galego
Nº Páxinas: 40 por libro
Data de publicación: Septembro 2025
Número edición: 1

Descubre a Sustoteca de Don Samaíño, un cofre exclusivo en tapa dura que contén catro mini libros ilustrados con historias para morrer… ¡pero de risa!

Unha edición deluxe que brilla polo seu coidado deseño e pola súa proposta irresistible para lectoras e lectores valentes a partir dos 6 anos. Cada libro é unha pequena xoia con humor, misterio e moito estilo narrativo. Ideal para ler en familia, no Samaín ou mesmo baixo a manta cunha lanterna.

Un cofre en cartoné que inclúe as seguintes historias:

Pastel de bruxa

Unha historia divertida e arrepiante protagonizada por unha nena moi curiosa e unha veciña anciá con gustos… peculiares. Un relato con cheiro a Samaín, humor agudo e moito sabor.

Jack o do Farol

Unha noite de Samaín, un grupo de nenas e nenos na procura de lambetadas e un novo compañeiro cunha cabaza luminosa na cabeza. Un relato misterioso, que deixa pegada.

Morta, morta, morta

Isis non quere erguerse da cama e xoga a facerse a morta. Pero cando leva a broma demasiado lonxe, todo se desmadra. Unha historia chea de imaxinación, ritmo e moitas gargalladas.

O gran concurso de sustos

Durante unha celebración moi especial, un participante inesperado logra chamar a atención de todos… sen saber moi ben como. Unha historia monstruosamente divertida sobre ser un mesmo.