Porquelandia

16,95  IVA INCLUIDO

Category:

.
Autor: Ledicia Costas con ilustracións de Iván R.
Editorial: Triqueta
ISBN: 978-84-122214-3-5
Idioma: Galego
Nº Páxinas: 40 páxinas e 50 cartas
Data de publicación: Outubro 2024
Número edición: 1

A primeira baralla de cartas de Triqueta da man de Ledicia Costas e Iván R.

Por qué o morcego se apuntou a clases de twerking

Crea preguntas absurdas combinando personaxes e situacións ao azar, trata de atopar unha resposta áxil e avanza. Verás que aparecerán situacións delirantes que nunca antes imaxinaras. Disto vai o xogo. O universo de Porquelandia admite todo tipo de propostas, iso si, non vale repetir respostas nin demorarse. Xustifica ben o teu porqué e sorprende aos teus colegas poñendo en marcha toda a túa maquinaria creativa. Podes xogar en parella, en equipo, na aula, coas túas compis e mesmo utilizar a baralla para escribir as túas propias historias. Lembra que podes xogar e volver a comenzar as veces que desexes. As múltiples combinacións e a visión particular de cada persoa fará que o xogo non acabe nunca!

Un xogo para fomentar a creatividade e facer voar a imaxinación.