Ver cesta "A aprendizaxe de Betsy" foi engadido á súa cesta.

O fedorento tío Muffin

Category:

.
Autor: Pedro Mañas ilustrado por Victor Rivas
Editorial: Triqueta Editora
ISBN: 979-13-87501-79-2
Idioma: Galego
Nº Páxinas: 160
Data de publicación: Setembro 2026
Número edición: 1

Unha divertida e irreverente aventura de Pedro Mañas, un dos autores máis destacados da literatura infantil actual. Creador das exitosas series Anna Kadabra e Princesas Dragón, traducidas a numerosos idiomas e lidas por milleiros de nenas e nenos, obtivo co Fedorento tío Muffin o prestixioso Premio Anaya de Literatura Infantil e Xuvenil, un dos galardóns de maior recoñecemento do panorama editorial infantil.

O señor Muffin xa o intentou todo para desfacerse do mal cheiro que o atormenta, desde bañarse en auga a ferver até mergullar a cabeza nun caldeiro de perfume. Aínda así, o pobre home parece atraer a sucidade como un aspirador humano, polo que leva unha vida solitaria chea de xabón e aburrimento. Ou polo menos así é até que un día Emma, ​​unha misteriosa moza que afirma ser a súa sobriña, aparece na súa porta prometendo axudalo a desfacerse do seu cheiro fedorento… e do seu medo a vivir a vida.