Osiño cre que atopou a súa profesión perfecta: quere ser Papá Noel porque está convencido de que só traballa un día ao ano. Pero a súa nai non o ten tan claro…
Unha divertida historia de Nadal que nos abre as portas do día a día de Papá Noel e nos descobre, con moito humor, que detrás da noite máis máxica do ano hai bastante máis traballo do que parece.

