Ver cesta "O gran trofeo" foi engadido á súa cesta.

Como o Grinch roubou o Nadal!

18,95 € IVA INCLUIDO

Autor: Dr. Seuss traducción de Ledicia Costas
Editorial: Triqueta Editora
ISBN: 979-13-87501-83-9
Idioma: Galego
Nº Páxinas: 64
Data de publicación: Novembro 2026
Número edición: 1

O clásico de Nadal máis querido do mundo por primeira vez en galego!

Durante case setenta anos, millóns de lectores acompañaron ao Grinch na viaxe que o levou de odiar o Nadal a descubrir o verdadeiro significado destas festas. Agora, por primeira vez, este clásico inmortal de Dr. Seuss chega ao galego nunha edición coidada e traducida por Ledicia Costas, unha das voces máis recoñecidas da literatura infantil actual.

Con humor, rima, tenrura e unhas ilustracións inesquecibles, Como o Grinch roubou o Nadal convetese nunha historia que continúa emocionando xeración tras xeración e que xa forma parte do imaxinario universal do Nadal.