Son un pato

13,99  IVA INCLUIDO

Para os mais pitiños ?!

Autor: Fran Pintadera con ilustracións de Merçè Galí
Editorial: Triqueta editora
ISBN: 978-84-18687-26-6
Idioma: Galego
Nº Páxinas: 22
Data de publicación: 19 de maio
Número edición:

XA Á VENDA!

Son un pato

 

Os patos divírtense de moitas maneiras, encántalles nadar en días calorosos, gozan cando voan en grupo e gústalles camiñar á tardiña entre outras cousas. Seguramente non o fan da mellor maneira posible SEGURO!

A pesar da moitos pensan de que son un desastre, poñen todo da súa parte e o mais importante… encántalles SER PATOS!

Detrás deste texto de Fran Pintadera, de lectura sinxela e con moito ritmo, escóndese unha verdadeira reflexion que incide de boa maneira na autoestima daqueles prelectores aos que vai dirixido.

Co humor e ironía que lle caracteriza como escritor, este divertido texto aborda a vida dun sinxelo pato como exemplo facendo fincapé en que posiblemente non é perfecto nin á hora de camiñar, nin de nadar e seguramente nin á hora de cantar, pero o máis importante é o empeño utilizado que ao final é o que verdadeiramente o fai único como especie.

As bonitas as ilustracións de Mercè Galí a dobre páxina, cheas de detalle e cun colorido suave e alegre ao mesmo tempo fan que o libro poida explotarse moito máis alla do que propón o texto. Un perfecto libro infantil sobre a autoestima e o amor propio.

Autor: Fran Pintadera
Ilustradora: Merçè Galí
ISBN: 978-84-18687-26-6
Publicación: Maio 2022
Formato: Cartoné
Medidas: 22 x 16 cm
Páxinas: 22
Idade orientativa: >3
Prezo sen IVE: 13,45
Prezo con IVE: 13,99 €