o noso recuncho
Hoxe no barrio acordaron cunha mala nova: o recuncho onde os nenos e as nenas brincan cada tarde vai desaparecer moi pronto.
Onde continuarán todas as súas historias?
Van poder facer algo para salvalo?
Por que o debo ler:
Esta historia ocorre en lugar moi especial, un espazo verde onde todo é posible no medio dunha gran cidade. Cando os nenos e nenas descobren que este recuncho no que viviron tantas aventuras vai desaparecer, empezan a coidalo como nunca e a soñar en todo o que podería suceder alí se non fóra a chegar pronto o seu fin. Cando o día temido chega, deciden plantarlle cara ás máquinas que ameazan con acabar co espazo e únense para protexer o lugar no que tantos bos momentos pasaron. Só xuntos poderán salvar este recuncho tan especial, co apoio dos seus familiares e de toda a veciñanza.
Trátase dunha historia que ten lugar nun escenario moi próximo aos nenos e nenas, o lugar no que pasan as tardes xogando, inventando, imaxinando outros mundos. A historia móstranos un exemplo da forza que podemos chegar a ter cando traballamos xuntos. Cóntanos unha historia de loita polos espazos cheos de vida que quedan nas cidades e móstranos a importancia de lugares que sexan para as persoas que conforman a nosa comunidade. Consideramos que é un tema en grao sumo actual, xa que nestes tempos puidemos ver como especialmente as necesidades da infancia tíñanse totalmente esquecidas.
AUTORa: Marina Núñez
ILUSTRADOR: Avi Ofer
ISBN: 978-84-18687-29-7
PUBLICACIÓN: marzo 2022
FORMATO: Tapa dura
MEDIDAS: 26 x 24 cm
PÁxiNAS: 48
Idade ORIENTATIVA: >6
PREzo SeN IVe: 15,87 €
PRezo CON Ive: 16,95 €