O gran trofeo

16,95  IVA INCLUIDO

Libro gañador en 2024

do certame literario “Humor con H”

no marco do Festival de Humor “HEMATO FESTI”.

Autor: Marta Comín
Editorial: Triqueta editora
ISBN: 979-13-87501-17-4
Idioma: Galego
Nº Páxinas: 36
Data de publicación: marzo 2025
Número edición:

Humor, arte… E un gran trofeo!

María gaña un trofeo xigante.
A súa familia non dá crédito. Que van facer con el?

O que ao principio semella un gran problema, pronto se vai converter nun xogo emocionante.

Poderá o gran trofeo atopar o seu lugar?

Entre risas, ideas disparatadas e un pouco de caos creativo, o trofeo vaise converter no centro dun xogo inesperado.

Un colgadoiro? Un adorno para o comedor? Ou quizais… algo moito máis rechamante?

 

DESTACAMOS DO LIBRO:

A creatividade como solución:

A nosa protagonista converte un problema nunha oportunidade de creación.

Un humor absurdo e brillante:

Unha aloucada historia que xoga coa lóxica do trofeo xigante, atrapando aos pequenos lectores.

Para qué serven os premios?

Máis aló do recoñecemento, a arte é unha forma de compartir cos demais.