E se unha simple mosca puidese cambiar todo o colexio?
No Colexio San Pulcro todo é perfecto. O alumnado nunca chega tarde,
as mochilas están impecables, ninguén fala sen permiso
e xamais acontece nada inesperado.
Ata que unha pequena mosca entra pola ventá.
O que parecía unha simple visita acaba converténdose nunha divertida revolución
que porá o colexio patas arriba e lembrará a pequenos e maiores que aprender tamén significa xogar,
experimentar, rir, equivocarse e manchar as mans.
Un álbum cheo de humor que convida a mirar a infancia con outros ollos.

