XA Á VENDA!
Viaxes en trens de primeira clase
Clementina desde pequena fora educada polo seu pai para entrar na alta sociedade da época. Toda a súa vida esforzouse por aprender os modais e a etiqueta que a alta sociedade esixía. O seu pai tiña a esperanza de que, grazas ás relacións que cultivara durante anos de traballo na administración pública, conseguiría para ela un bo matrimonio.
O estalido da guerra no seu país e a morte do seu pai, acaban de súpeto con eses plans de futuro expostos. Soa, sen casa e sen apenas recursos debido aos desastres da guerra, Clementina idea un plan: gastarse ata o último céntimo dos seus aforros nun vestido de seda e un pase dun ano para viaxar en trens de primeira clase. O seu obxectivo, socializar cos cabaleiros máis distinguidos durante os longos traxectos que abono permitía co ánimo de cumprir un dos soños do seu pai, atopar o bo matrimonio que desexase. Pero, é este realmente o soño de Clementina?
Estruturado como un conto clásico, Clementina ten tres encontros, tres cabaleiros cada un máis rico que o anterior, que lle propoñen ser a flor máis bela do seu xardín, a obra mestra da súa colección, e ata a xoia máis brillante da Coroa. Pero un xiro inesperado, converte esta fábula nunha historia de autocoñecemento e empoderamento feminino.
O noso segundo título da nosa colección +Triqueta. Un álbum especial con unha edición mais delicada para as/os koalas mais esixentes.
Autor: Dani Torrent
Ilustrador: Dani Torrent
ISBN: 978-84-18687-36-5
Publicación: Maio 2022
Formato: Tapa dura
Medidas: 22 x 28 cm
Páxinas: 72
Idade orientativa: >12
Prezo sen IVE: 19,18 €
Prezo con IVE: 19,95 €