UN CUARTO CHEO DE MONSTROS

16,50  IVA INCLUIDO

NOVIDADE!

O noso protagonista ten un cuarto grande, agradable e espazoso cunha gran xanela. Un cuarto con moitos xoguetes pero tamén cunha gran cantidade de monstros que xunto a el dormen cada día.

Desde o monstro da escuridade, o dos ollos brillantes, o monstro pantasma, o monstro do silencio e mesmo o coco…

Danche medo?

Propoñémosche unha divertida colección de trucos para desfacerte de todos eles.

Un bonito texto rimado de María Canosa, que nos devolve á infancia e que nos lembra a cantidade de temores que algúns temos á hora de irnos para a cama.

Propón un verdadeiro catálogo de monstros entrañables aos que moitos nenos temen e que resolve a forma de enfrontarnos a eles con graza.

Un libro perfecto para librarse de todos os temores nocturnos por parte dos máis pequenos.

Idioma

Castelán, Gallego