Valores:
Este relato pon de manifesto a necesidade de potenciar a curiosidade infantil, esa cualidade que serve de caldo de cultivo para o desenvolvemento da creatividade de cada persoa e que é a semente da innovación na idade adulta. Calidades esenciais para o mundo no que vivimos, unha sociedade na que unha das poucas constantes que podemos atopar é o cambio e a necesidade de reinventarnos persoal e profesionalmente para conseguir as nosas metas. Trátase dun conto de educación en valores como o respecto polas persoas maiores e polo coidado do medioambiente. Paolo e os gardiáns da Cerdeira transmiten en todo momento a importancia de ter unha actitude activa para poder afrontar e resolver con éxito os problemas que nos podemos atopar. En definitiva, un relato que vira ao redor da xenerosidade, a amizade e á importancia da cooperación e do traballo en equipo como actitudes crave para o desenvolvemento infantil.
Ilustrador: Xoana Almar & Miguel Peralta
Xénero: Literatura infantil. A partir de 4 anos
Tamaño: 22 x 22 cm.
Páxinas: 32
Encadernación: Tapa dura
Idioma: Galego
ISBN galego: 978-84-938252-6-3
Algo misterioso pasa na Lagoa do Rei. A Cerdeira parece que está a bailar e non para de falar nunca linguaxe extraña. Ninguén sabe o que lle pasa e, Paolo e os seus amigos, deciden descubrilo. Cando se trata de resolver un misterio Paolo transfórmase, colle a sua lupa e ponse a investigar…
Un relato que xira en torno á xenerosidade, a amizade e a importancia da cooperación e do traballo en equipo como actitudes clave para o desenvolvemento infantil.