Benvidos a un circo fascinante. Un circo de contar historias, unha nova cada día. Un circo con biblioteca, música, danza e teatro. Será o circo dun poeta!
Leo estaba vello e desdentado. Non bruaba, non cazaba. Gustáballe máis cantar que asustar…
Un día recibiu a mensaxe:
“Vai preparando a equipaxe, no Circo do Pirulí non hai lugar para ti”.
E o mesmo lles pasou a Mona, Ele, Foqui e Rufo.
Un álbum que fala de inventar historias, de perseguir os soños, de facer de cada día unha nova aventura…
Abracadabra!
Benvido ao Gran Circo das Palabras.