Desgrazas dunha familia vitoriana

19,95  IVA INCLUIDO

Descobre que se oculta en Moorland House

Autor: Idoia Iribertegui
Editorial: Triqueta editora colección +triqueta
ISBN: 9788418687495
Idioma:
Nº Páxinas: 80
Data de publicación: Outubro 2022
Número edición:

Unha visión cómica e un tanto romántica sobre as fatlidades dunha familia victoriana. Un libro de +triqueta para os nosos coalas +exixentes.

Desgrazas dunha familia Victoriana supón un cambio de rexistro, aínda que mantén características propias do seu estilo como o estudo de personaxes, o humor e o uso das súas ferramentas preferidas: lapis, tinta e acuarela.

Desgrazas dunha familia victoriana é un divertimento, un xogo absurdo, irónico e improbable. Mesmo así, tendo en conta as marabillosas historias que a era victoriana inspirou, podería un pensar que esta familia (marcada pola fatalidade) puidese existir. Con aires que lembran a Edgar Allan Poe, Dickens e especialmente a Edward Gorey, este relato non pretende máis nada que divertir con imaxes de historias dun mundo e un tempo desaparecidos.

“Aquí comeza unha historia disparatada, absurda, improbable e moi vitoriana sobre unha casa onde as pantasmas do pasado colgan da parede”

Así comeza este enigmático álbum ilustrado, irresistible desde a coberta.

A autora cóntanos a través da propia árbore xenealóxica como cada unha das vidas dos habitantes da mansión se vai truncando do xeito máis absurdo. Non se sabe se froito da mala sorte, dalgunha maldición ou propiciado por malas decisións…

Unha paleta de grises asolaga cada unha das historias, retratos dos personaxes cun punto pantasmagórico, unha casa de estilo vitoriano e lápidas dos mortos son é escenario perfecto para esta catastrófica historia.

Descobre que se oculta en Moorland House.