Un libro que non só se le… tamén se xoga!
DESCARGA A TÚA FICHA DE PERSOAXE
https://triquetaverde.com/wp-content/uploads/2026/02/Ficha-Persoaxe_Bruxas-e-Dragóns_Galego.pdf
Neste volume, o primeiro da colección, quen le convértese en protagonista absoluto da aventura. A partir da súa ficha persoal de personaxe, poderá decidir se seguir o Camiño da Espada ou o Camiño da Maxia, escoller obxectos, anotar puntos de vida e intelixencia e lanzarse á acción.
Cada páxina é unha decisión: brandir a espada e combater con dados contra terribles criaturas ou aventurarse ou pronunciar arriscados conxuros que poden saír ben… ou moi mal. Ti decides o rumbo da viaxe, ti elixes os perigos que afrontarás e ti deseñas a túa propia historia.
Con mecánicas claras e accesibles, BRUXAS E DRAGÓNS propón unha experiencia narrativa e lúdica única, pensada para nenos e nenas. Unha porta de entrada perfecta ao universo dos libro-xogos, chea da emoción das grandes aventuras fantásticas e narrada cun estilo fresco e actual.

