Ver cesta "Malvarina 2 · Bruxa en prácticas" foi engadido á súa cesta.

Bruxas e Dragóns: Baba Iagá

18,95  IVA INCLUIDO

Category:

.
Autor: Ledicia Costas e Luismi Pérez con ilustracións de Bea Gregores
Editorial: Triqueta
ISBN: 979-13-87501-26-6
Idioma: Galego
Nº Páxinas: 300
Data de publicación: Novembro 2025
Número edición: 1

Un libro que non só se le… tamén se xoga!

DESCARGA A TÚA FICHA DE PERSOAXE 

https://triquetaverde.com/wp-content/uploads/2026/02/Ficha-Persoaxe_Bruxas-e-Dragóns_Galego.pdf

Neste volume, o primeiro da colección, quen le convértese en protagonista absoluto da aventura. A partir da súa ficha persoal de personaxe, poderá decidir se seguir o Camiño da Espada ou o Camiño da Maxia, escoller obxectos, anotar puntos de vida e intelixencia e lanzarse á acción.

Cada páxina é unha decisión: brandir a espada e combater con dados contra terribles criaturas ou aventurarse ou pronunciar arriscados conxuros que poden saír ben… ou moi mal. Ti decides o rumbo da viaxe, ti elixes os perigos que afrontarás e ti deseñas a túa propia historia.

Con mecánicas claras e accesibles, BRUXAS E DRAGÓNS propón unha experiencia narrativa e lúdica única, pensada para nenos e nenas. Unha porta de entrada perfecta ao universo dos libro-xogos, chea da emoción das grandes aventuras fantásticas e narrada cun estilo fresco e actual.