Entre as pólas desta árbore cocíñase a receita máis doce do inverno.
Cando chega o inverno, Abelá emprende unha viaxe pola gran árbore na procura dos ingredientes necesarios para preparar un delicioso pastel. A cambio, promételle a cada veciño que poderá probar un anaco. Unha historia cálida e acumulativa que celebra a xenerosidade, a cooperación e a alegría de compartir arredor dunha mesa.

