No VOLUME 7 Pode ser o Samaín a festa máis divertida do ano? Aínda que sempre hai algún vilán que intenta estragárnola, unha visita ao castelo de Vilapalma e unha historia sobre unha pequena nena pantasma farán desta noite algo inesquecible.
No VOLUME 8 A quen non lle gusta a volta ao cole? Estrear mochila, o recendo dos libros novos, atoparse cos compañeiros e compañeiras logo dunhas longas vacacións… Mais este curso comezou dun xeito un tanto peculiar: un atraco na tenda de lambonadas da señora Regalicia.
Uns personaxes que nos lembran a Lois & Clark en Superman.
Un libro de aventuras e superhéroes que moitos nenos e nenas non poderán deixar de ler.
Un libro reversible: Cando remates o volume 7 dálle a volta ao libro… e a gozar do volume 8!


