Agora que veñen as festas, non hai mellor forma de pasar o tempo libre que lendo historias de hoxe e de sempre. Para isto reunimos a catro autores infantís que elexiron cadansúa panxoliña para adaptala a un conto de Nadal.
Conseguimos así, unha minicolección de libros en miniatura cunha edición moi coidada e de gran calidade para converterse no primeriro agasallo de Nadal.
Fernando Martín encargouse de ilustrar as catro historias.
Un cofre en cartoné que inclúe catro historias tenras e divertidas:
- Voa, voa, estrela Baseado na panxoliña “Vuela, vuela, esa estrella”
- Carmela e o seu burrico Baseado na panxoliña “El burrito sabanero”
- A festa dos pastores Baseado na panxoliña “El rock de los pastores”
- O nariz de Rodolfo Baseado na panxoliña “Rodolfo el reno”